O Club Náutico de Camariñas sigue a recibir a navegantes de todo o mundo

|


Foi esta semana cando achegáronse a Camariñas para recalar nos pantaláns do Club Náutico de Camariñas embarcacións con bandeiras europeas, como é o caso de Suecia e República Checa. 


A tripulación sueca xa estivera outros anos por Camariñas e este ano encontrouse coa profunda renovación do Bar Náutico que foi toda unha alegría para eles e que significou alabanzas por doquier polo gran cambio experimentado, e onde poideron descansar e falar da súa travesía por ese mar Atlántico. 


Inda que non comezou a época importante da recalada de barcos nos pantaláns do Club Náutico, xa se deixan ver cada semana embarcacións de distinto porte que permiten intuir o próximo que está o inicio da gran tempada de iates que se achegan a Camariñas e que cada ano supera a cifra de 800 embarcacións, sendo un dos primeiros club náuticos de Galicia en número de tránsitos e superando a moitas das Marinas ubicadas en Galicia.


Adriana dende o Bar Náutico,  nos remitio algunhas instantáneas coas tripulacións que esta semana estiveron en Camariñas de Suecia e República Checa, e onde os esperamos moi pronto de novo no corazón da Costa da Morte.


(Adriana coa Tripulación da República Checa)


Republcheca clubnauticocamariñas 200319


(Adriana cos navegantes de Suecia)


Suecia clubnauticocamariñas 200319