A Feira Náutica de Camariñas (FENAUCAM 2019) presenta a programación para os colexios e institutos da Costa da Morte

|

Nota de prensa da FENAUCAM 2019:


Dende a Dirección da FENAUCAM 2019, desexamos informar sobre as actividades previstas para os alumnos/as dos colexios e Institutos da Costa da Morte que se achegaran a Feira Náutica de Camariñas o venres, 14 de xuño, día da inauguración, e onde está confirmada a presencia xa de alumnos/as de institutos e colexios da comarca.


Unha vez levado a cabo a inauguración da FENAUCAM 2019 polas autoridades civiles (Deputación da Coruña, Consellería do Mar, Concello de Camariñas, etc.) e militares (Armada Española) presentes no acto, comenzaran as actividades propias para os alumnos/as dos diferentes colexios e institutos da Costa da Morte, onde primeiro acometerase unha visita polos stands máis salientables para eles e cunha visita guiada pola zona de exposicións (maquetas navais, fotografía, pintura, naufraxios, etc.) así como tamén habera tempo para algún tipo de obradoiro relacionado co mundo mar.


Incluese ademáis unha charla da Escola de Náutica da Coruña onde informaran das súas especialidades e outra charla de Motores Patelo cos seus míticos motores en miniatura que xa foron protagonistas en programas de televisión como El Hormiguero.


Na sala de Conferencias e presentacións terá lugar a proxección do Documental sobre o Titanic realizado pola Fundación que preside Jesús Ferreiro (Fundación Titanic) e da que o Club Náutico de Camariñas e a embaixada en Galicia, para despois seguir o simulacro de rescate que levaran a cabo no porto de Camariñas a lancha de Salvamento Salvamar Altair e un helicóptero así como a presencia dunha patrullera da Garda Civil. Ditas embarcacións poderan ser visitadas polos alumnos/as e os profesores coincidindo coa xornada de portas abertas que levaran a cabo durante a Feira Náutica.


Por último, para repoñer forzas, a través do programa “ponlle as pilas ao teu bocata” da Consellería do Mar, os alumnos/as poderan disfrutar de bocatas feitos con productos de riquísimas conservas galegas.



Temos constancia que algún colexios aproveitaran a súa estadía en Camariñas para facer algunhas visitas a lugares de interese do noso Concello como é o caso do Faro Vilán. 


Imaxe: Cartel oficial da FENAUCAM 2019


FENAUCAM Cartel GAL3