Cartel oficial das Festas da Virxe do Monte 2019 de Camariñas

|


A Comisión de Festas do Carmen de Camariñas presentou o cartel oficial das grandes festas na honra da nosa Virxe do Monte de Camariñas, e que contará con importantes actuacións musicais o sábado, 20 de abril e o luns, 22 de abril, estando reservando o domingo ( 21 de abril) para a procesión ata a Ermida da Virxe do Monte.


Nas actuacións musicais estarán o grupo Garibaldi e Disco Móvil Impacto ( sábado), mentras que a Orquesta Foliada estará o luns. 


Ademáis, o sábado, terá lugar unha gran churrascada a partires das 18,30 h. coa actuación do recoñecido grupo de Laxe "O Tren da unha".


Ese mesmo día, 20 de abril, terá lugar o I Torneo Infantil de Xadrez Mostra do Encaixe de Camariñas, organizado polo equipo Xadrez Náutico Camariñas (Club Náutico de Camariñas). 




CARTEL OFICIAL VIRXE DO MONTE 2019 DE CAMARIÑAS


Cartel virxendocarmen 2019

   Exitosa e impresionante reapertura do Bar Náutico de Camariñas
   I Torneo infantil de Xadrez Mostra do Encaixe organizado polo Xadrez Náutico Camariñas