O Encaixe de Camariñas adáptase ao Século XXI con tecido sostible "eco-friendly"

|

Texto sobre esta incorporación ao Encaixe de Camariñas recollido en camarinas.net:



  1. A VIII Xornada da Moda Sostible celebrarase no Museo do Traxe de Madrid os días 5 e 6 de abril.
  2. Alí, Blanca Gómara presentará unha almofada de Encaixe de Camariñas realizada con tecido sostible. 


Camariñas estará moi presente na Slow Fashion Next de Madrid os vindeiros días 5 e 6 de abril, datas no que se celebrará este evento no Museo do Traxe da capital.


Alí presentarase, como novidade, unha almofada de realizada con Encaixe ‘eco-friendly’, isto é, con materia prima biodegradable, chamada Greencel, e respectuosa co medio ambiente. Ademais, non é necesaria a instrumentalización de ningún animal, xa que o tecido é de orixe vexetal.

Esta innovadora técnica dá un paso máis no que ata agora coñeciamos nisto da confección do Encaixe, xa que permite xuntar tradición e modernidade. Asi mesmo, universalízase o produto, xa que co mesmo traballo, a materia prima é de menor custe sen perder calidade nos acabados, así que está pensada para a maioría do público.

A deseñadora, Blanca Gómara, que estará na Mostra por primeira vez, decidiuse por esta técnica rompedora porque “o Encaixe sempre ten un papel protagonista, que permite contar unha historia”, e con este cambio de tendencia máis xente poderá optar a este tipo de produtos e o medio ambiente -consecuentemente tamén todos nós- beneficiarase.

Polo tanto, estamos a falar dalgo moi importante: estase a avanzar no tratamento do produto sen negar a tradición do oficio, dun traballo exclusivamente manual que desde bastantes lustros se vén desenvolvendo en Camariñas. 


Máis novidades sobre a XXIX Mostra do Encaixe de Camariñas:





Noriko Hashizume confirma a súa participación na XXIX Mostra do Encaixe repetindo por 3º ano consecutivo. A esta Mostra traerá unha colección de kimonos de verán con encaixe.





Amaya Fernández confirma a súa participación na XXIX Mostra do Encaixe. Recordamos que a diseñadora viguesa comezou no 2008 no concurso de "Jóvenes Diseñadores" e este ser´o seu terceiro ano como firma na Mostra.


Documentación: camarinas.net


(Na imaxe Blanca Gómara, cunha almofada e co tecido sostible)


Blancagomara tecidosostible