A renovación total chega a moitos locais de hostelería de Camariñas

|


De un tempo a esta parte, víñase observando unha renovación dalgúns locais de hostelería e a incorporación de xente nova aos locais máis emblemáticos de Camariñas facilitando así o cambio xeracional lóxico nestas lides.


Aí temos o cambio experimentado polo Hotel Playa de Camariñas e onde o seu Bar-Restaurante abrirá esta fin de semana, así como a importante remodelación de O Portiño e tamén o espectacular cambio no Bar Náutico e cuias novas instalacións foron inauguradas o pasado 9 de marzo con centos de socios/as e clientes e será este venres a partires das 19,00 h. cando abra de novo as portas o emblemático e totalmente renovado Restaurante Villa de Oro


Así, a hostelería de Camariñas sigue reiventándose e mellorando as súas instalacións para posicionarse da mellor forma e intentar atraer aos clientes ávidos de novos escenarios e propostas de ocio.


Dar a noraboa a hostelería en xeral de Camariñas polo esforzo realizado nestes anos para encarar os vindeiros anos con propostas culinarias e de ocio de gran nivel.


(Na imaxe, Adriana o mesmo día da reapertura do Bar Náutico dentro das instalacións do Club Náutico de Camariñas)


Reapertura barnautico 090319