O IESP Pedra da Aguia de Camariñas recibiu activistas LGTBI do Salvador

|

Nota de prensa do IESP Pedra da Aguia de A Ponte do Porto-Camariñas:


Cooperación Galega: O mundo queremos é un proxecto financiado pola Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, e que forma parte da plataforma de innovación educativa ‘Plan Proxecta’, impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. O instituto Pedra da Aguia leva todo este curso desenvolvendo este Programa Proxecta, tratando de profundizar e concienciar ao alumnado das problemáticas que afectan aos países empobrecidos, pero tamén ao seu propio entorno, a través de dinámicas innovadoras como xogos de rol, obradoiros de radio e vídeo, teatro, ou a visita ao instituto de persoas que traballan para mellorar as condicións de vida nos seus países co apoio da Cooperación Galega.


O obxectivo deste encontro realizado hoxe é que alumnos e alumnas coñezan de primeira man a realidade do Salvador, un dos países que recibe o apoio da Cooperación Galega, e ademais se acheguen ás reivindicacións e a loita do colectivo LGTBI, un dos mais ameazados a nivel mundial.


Con este encontro imos chegando ao final do Programa que rematará en maio cunha xornada festiva onde se dará a coñecer e se compartirá con toda a comunidade educativa os contidos traballados e o traballo realizado, convertindo ao alumnado en novos activistas en prol dos dereitos humanos e a igualdade de oportunidades. 



IMG 4590