Olveira Xestión selecciona proxectos literarios sobre historias locais dos Concellos da Costa da Morte

|


Olveira Xestión en colaboración coas firmas que representa na Costa da Morte, está na procura de autores/as que teñan ideas e proxectos para a publicación de obras relacionadas con historias locais de calqueira Concello da Costa da Morte. 


Un exemplo do estilo que se procura para a súa publicación e o libro " Contos do Mar do Son" de Luis de Carreira (Meubook, 2017), e onde está dentro do proxecto chamado "As voces do Mar" da Asociación Cultural Sonora de Porto do Son, no que se "pretende recuperar e reivindicar a cultura marítima da que forma parte inequívoca o noso pobo e hoxe permanece ignorada pola maior parte da xente nova e menosprezada por utra parte da sociedade, correndo o risco de se perder como unha parte do noso patrimonio para futuras xeracións".


Pero os proxectos poden ser de calqueira concello da Costa da Morte, que é todo un mundo de historias e que se necesitan recuperar para que non caian no caixón do olvido e as xeracións futuras poidan ter nas súas mans as miles de historias que non coñecen e que deben ser protexidas do ineludible paso do tempo.


Aqueles autores/as que teñan esa idea que lles ronda pola cabeza ou xa teñan un proxecto literario en marcha en calquiera concello da Costa da Morte, poden poñerse en contacto a través do correo electrónico: joseolveiraperez@gmail.com ou ben chamando ao móbil: 678 931224.


Xa hai varios proxectos en marcha e no que se espera que poidan ver a luz o máis pronto posible para seguir afianzando historias dos nosos pobos e poidan ser resgardadas na memoria de todos.



Portada contosdomardoson