Este sábado, 20 de abril, presentación oficial do equipo Xadrez Náutico Camariñas

|

Nota de prensa da sección deportiva do Xadrez Náutico Camariñas ( Club Náutico de Camariñas):


Dende o XADREZ NÁUTICO CAMARIÑAS sección deportiva do Club Náutico de Camariñas, desexamos trasladar información sobre I Torneo Infantil de Xadrez Mostra do Encaixe de Camariñas.


O evento deportivo terá lugar este sábado, 20 de abril, a partires das 16,00 h. cambiando a ubicación do mesmo por cuestións loxísticas e que será finalmente na aula de formación da Cofradía de Camariñas, na zona do porto pesqueiro. Agradecemos a máxima colaboración e axuda dende a Cofradía de Pescadores de Camariñas, para que se poideran utilizar as instalacións e tendo moi próxima as instalacións tamén do Club Náutico de Camariñas.


Este sábado, a partires das 12,00 h. impartirá unha clase maxistral aos membros do equipo do Xadrez Náutico Camariñas o Maestro FIDE Oscar de Prado Rodríguez ademáis de ser o director e un dos árbitros do Torneo.


A partires das 13,00 h. os membros do equipo acudirán as instalacións do Club Náutico de Camariñas para recibir a indumentaria oficial do equipo patrocinada pola firma OBRAS Y REFORMAS J. PEDRO ROMAR así como o carné de federados para o total do plantel formado por 42 membros entre todas as categorías.


Será ás 16,00 h. cando dé comezo a recepción dos participantes para iniciar as partidas nas diferentes categorías a partires das 16,15 h. e rematando sobre as 20,00 h. sendo a entrega de premios nas instalacións do Club Náutico de Camariñas sobre ás 20,15 h.



Todos os rapaces e rapazas do Xadrez Náutico Camariñas se mostran moi ilusionados con esta primeira participación nun torneo e onde tan só transcurriron dous meses e medio dende a creación do equipo. Por iso chegar ata aquí nestas poucas semanas, xa é todo un triunfo colectivo.


(Na imaxen, un dos monitores, Alberto Luaces, durante as clases aos de iniciación no xadrez e tamén os máis pequeniños, tendo como monitor a José M. Olveira)


Clases XNC marzo2019