O Xadrez Náutico Camariñas acude este sábado ao Torneo por equipos en Carballo

|


Despois do I Torneo Infantil de Xadrez Mostra do Encaixe de Camariñas disputado durante a Semana Santa, o Xadrez Náutico Camariñas enfróntase de novo a outro reto co seu primeiro torneo por equipos, e onde 7 dos nosos xogadores disputaran un torneo frente a equipos de gran traxectoria.


Tamén o 17 de maio, Día Das letras Galegas terá lugar o IV Torneo Fundación Calvo, un torneo aberto e onde os nosos xogadores/as a partir dos 7 anos poderan inscribirse para poder participar e onde para as categorías a partir dos 16 anos ( sub-16, sub-14,sub-12,sub-10 e sub-8) recibiran trofeo o 1º clasificado.


Ademáis, xa está aberta a inscripción para o Campamento de verán de Xadrez e Torneo que terá lugar entre os días 1 e 7 de xullo en Camariñas, organizado polo Club Xadrez Arteixo en colaboración co Xadrez Náutico Camariñas (Club Náutico de Camariñas). 


Este sábado, as clases para os de iniciación e os pequeniños/as non poderan levarse a cabo, por canto os monitores acudiran a Carballo para acompañar aos xogadores do Xadrez Náutico Camariñas que disputan o torneo por equipos de Carballo. Esta clase se recuperará nos vindeiros días. 


PINCHA AQUÍ PARA CAMPAMENTO DE VERÁN DE XADREZ E TORNEO EN CAMARIÑAS


PINCHA AQUÍ PARA O IV TORNEO FUNDACIÓN CALVO CARBALLO ( 17 DE MAIO)


(Na imaxe, parte dos integrantes do Xadrez Náutico Camariñas xunto cos seus monitores)


Equipo xadrez nautico camariñas 200419