2º posto do Xadrez Náutico Camariñas na Liga Galega de 4ª División celebrada en Carballo

|


Despois de tres meses de intensas horas de clase, os equipos do Xadrez Náutico Camariñas da sección deportiva do Club Náutico de Camariñas comeza a facerse notar nos torneos nos que están participando.


Si o pasado 20 de abril, no I Torneo de Xadrez Infantil Mostra do Encaixe de Camariñas, os camariñáns xa tiveron un gran resultado nas distintas categorías, ahora xa se vai confirmando a progresión dos xóvenes do equipo, que alcanzaron nesta Liga de 4ª División que tivo lugar este sábado, 4 de maio, no espazo xove de Carballo, o 2º posto e tendo enfrente a equipos do nivel do Club Xadrez Arteixo, o Toque Xiria Carballo e tamén de Laracha. 


Para este torneo-liga desprazáronse 8 xogadores de entre 10-14 anos, e onde ganaron un número importante de partidas que supuxo a obtención do 2º posto, na que resultou gañador o Club Xadrez Arteixo, club cunha ampla traxectoria nos torneos de xadrez. Co plantel de xogadores, desprazáronse os dous monitores do equipo, Alberto Luaces e José M. Olveira, e que foron testigos do gran traballo realizado por todos os membros do equipo, e mostrando o seu orgullo polos 42 xogadores/as de todas as categorías que xa forman parte do Xadrez Náutico Camariñas e que xa inician agora a participación en distintos torneos que terán lugar na comarca e a nivel provincial.


O vindeiro torneo de carácter aberto terá lugar o vindeiro 17 de maio en Carballo, e onde se espera tamén a participación de xogadores/as do Xadrez Náutico Camariñas. Ademáis, está previsto un campamento de Xadrez entre os días 1 e 7 de xullo en Camariñas onde xa poden inscribirse os rapaces e rapazas interesados/as. 



(Na imaxe, os membros do equipo do Xadrez Náutico Camariñas, xunto co árbitro da Competición, Óscar de Prado Rodríguez).


Torneo carballo 040519