O Club Náutico de Camariñas obtén BANDEIRA AZUL para este ano 2019

|



No día de hoxe, 7 de maio, acaban de remitirnos o listado dos portos deportivos que ostentaran durante este ano 2019 o importante distintivo de referencia mundial da BANDEIRA AZUL, e o Club Náutico de Camariñas seguirá ostentando esta Bandeira azul por octavo ano consecutivo.


En principio, según os datos que manexamos na Ría de Camariñas, seria o único porto deportivo con Bandeira Azul, posto que a Marina de Muxía no listado que nos remiten non aparece. Un dato negativo en caso de confirmarse, posto que nestos últimos anos, a Marina de Muxía contou con este importante galardón e facía da Ría de Camariñas unha bastión da calidade e da boa xestión dos seus portos deportivos.


Dende o Club Náutico de Camariñas mostran a súa satisfacción polo mantemento da BAndeira Azul, que implica manter uns servizos e unha xestión moi esixente por parte da Directiva da Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor.


Na provincia da Coruña, xunto co Club Náutico de Camariñas, tamén ostentarán BANDEIRA AZUL o C.N. Boiro- Marina CAbo de Cruz, R. C. N. A Coruña-Marina Real, C.N. Ría de Ares e R.C. N. Portosín (Porto do Son).


(Na imaxen, as bandeiras azuis recollidas no acto do 2018 para as entidades e portos deportivos da Costa da Morte, e onde se encontraba tamén o Club Náutico de Camariñas)


Banderas azules 2018 costadamorte

(foto: anosacosta.com)