Camariñas, único Concello da Costa da Morte con BANDEIRA AZUL en todas as categorías

|


Onte foi un día de boas noticias para o turismo no Concello de Camariñas, posto que se deron a coñecer por parte da ADEAC ( Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor) as distincións de BANDEIRA AZUL sendo o noso Concello o único da Costa da Morte en conseguir a distinción en todas as categorías ( 4 categorías: Praias, sendeiros, centros e portos deportivos).


Tamén, se pode decir sin temor a equivocarnos, que será un dos poucos casos en Galicia, tal e como indica La Voz de Galicia, que se da a circunstancia de que un Concello dispoña de Bandeira Azul en todas as categorías que ten establecida a ADEAC.


Para este ano 2019, disporán de BANDEIRA AZUL no Concello de Camariñas:


CATEGORÍA DE PRAIAS:  PRAIA DE AROU


SENDEIROS: SENDEIRO COSTA DA MORTE ( DENDE CAMELLE ATA Á ÁREA DE VILÁN)


CENTROS AZUIS: MUSEO DE MAN DE CAMELLE


PORTOS DEPORTIVOS: CLUB NÁUTICO DE CAMARIÑAS


A nova negativa da xornada e xa o indicamos nunha nova anterior, é que a Ría de Camariñas en canto a portos deportivos quédase cunha sóa BANDEIRA AZUL (Club Náutico de Camariñas), posto que a Marina de Muxía que tiña o distintivo dende o 2016, perdía a distinción para este ano 2019. O club Náutico de Camariñas leva 8 anos consecutivos con BANDEIRA AZUL nas súas instalacións, gracias ao esforzo realizado pola entidade en todos estos anos para cumprir as esixentes normas da ADEAC para lograr e manter o distintivo ano tras ano.


Sin dúbida, estos distintivos apoian a Camariñas como un referente no sector turístico, e obrigan a todas as entidades privadas e públicas a seguir as esixentes normas e compromisos da ADEAC para manter estos importantes distintivos de calidade e boa xestión ambiental no futuro.



Bandeiraazul camariñas




   O Club Náutico de Camariñas obtén BANDEIRA AZUL para este ano 2019