Os días 11 e 12 de maio, 5ª etapa de "O Camiño dos Faros" (Arou-Camariñas)

|


Xa está en marcha a 9ª edición de "O Camiño dos Faros" e que atrapa en cada unha delas a centos de persoas que ademáis de practicar o bó deporte de camiñar kilómetros e kilómetros, ten a virtude de ser testigos de paisaxes e estampas naturais excepcionais.


Nesta 5ª etapa, será o trazado de Arou a Camariñas o protagonista, sendo esta fin de semana, os días 11 e 12 de maio.


Ademáis, como colofón a este viaxe pola nosa costa, haberá no Faro Vilán a presentación oficial do viño "Camiño dos Faros" e un concerto da Transkiband. Terá lugar o sábado, 11 de maio, ás 20,30 H. na sala de exposicións ubicada no noso maxestuoso Faro Vilán.


Tamén, dende a Feira Náutica de Camariñas (FENAUCAM 2019) indican que a Asociación O Camiño dos Faros contará cun stand  e espazo nesta edición do evento náutico, polo gran traballo realizado nestos anos a prol do coñecemento das maravillas da nosa terra e concretamente da Costa da Morte.



Presentacion viño camiñodosfaros