Campamento de Xadrez en Camariñas no mes de xullo

|


O Club Náutico de Camariñas coa súa sección deportiva Xadrez Náutico Camariñas e o Club Xadrez Arteixo, organizan un campamento de verán de Xadrez a celebrar en Camariñas entre os días 1 e 5 de xullo para rematar o mesmo cun torneo importante entre os días 6 e 7 de xullo tamén no noso pobo.


Deixamos o enlace para os rapaces e rapazas que desexen asistir a este 1º campamento de Xadrez en Camariñas e onde os socios/as e fillos/as e netos/as de socios do Club Náutico de Camariñas teñen un desconto nos prezos establecidos.


O Xadrez Náutico Camariñas xa ten confirmados a asistencia de varios dos seus xogadores/as a este importante campamento de Xadrez, que integrará 6 horas diarias de xadrez (mañan e tarde) e pola tarde outras actividades deportivas. 


Deixamos os enlaces para ter toda a información sobre o Campamento, ou mesmo poden chamar ao 617234393 (Óscar) ou ao correo: pokeryajedrez@gmail.com.


ENLACES:


CAMPAMENTO DE VERÁN XADREZ EN CAMARIÑAS





CARTEL OFICIAL DO CAMPAMENTO



Cartel ajedrez camariñas