300 alumnos/as acudiran ao 1º día da Feira Náutica de Camariñas (FENAUCAM 2019)

|


O día 14 de xuño, venres, día da inauguración da III Feira Náutica de Camariñas (FENAUCAM 2019), está prevista a presencia horas antes dos actos oficiais de apertura, de 300 alumnos/as de colexios e Institutos de Camariñas, Ponte do Porto e Malpica así como do IESP Pedra da Aguia de Ponte do Porto. 


Tivo que adecuarse o horario para que os rapaces e rapazas poideran asistir a este importante evento náutico en Camariñas e despois poideran cumplimentar os horarios de clase. 


Co fin de poder atender adecuadamente os alumnos/as e que poidan visitar todas as seccións da Feira Náutica, se conforman 3 grupos: os alumnos/as dos CEIP (Camariñas, Ponte do Porto e Malpica), outro grupo con 1º e 2º de ESO (IESP Pedra da Aguia) e o grupo de 3º e 4º de ESO (IESP Pedra da Aguia).


Así, o 1º grupo dos alumnos/as dos CEIP acudirán por este orde a exposición-stands con visita guiada, proxección de documentais, obradoiros e bocata coa campaña "ponlle as pilas ao teu bocata".

O 2º grupo (1º e 2º de ESO), terán proxección de  documentais, obradoiros, exposición-stands con visita guiada e bocata coa campaña "ponlle as pilas ao teu bocata".

E finalmente, o 3º grupo ( 3º e 4º de ESO), acudiran a unha interesante charla con José M. Hermo ( Motores Patelo) cos seus famosos motores en miniatura, exposición-stands con visita guiada, charla do director da Escola Náutica da Coruña ( Felipe Louzán) e bocata coa campaña "ponlle as pilas ao teu bocata) e proxección de documentais.


Non foi posible aceptar máis peticións de colexios e institutos, por canto faciase imposible atender adecuadamente a un número maior de alumnos/as. 


Será un das importantes novidades para esta 3ª edición da FENAUCAM 2019, e onde acudiran varias empresas francesas así como outras empresas galegas e entidades como Mar de Fábula e O Camiño dos Faros así como Armada Española, Salvamento Marítimo, Fundación Exponav, etc.



FENAUCAM Cartel GAL2