I Torneo Xadrez Rápido "FENAUCAM" será o 22 de xuño en Camariñas

|


O Club Xadrez Arteixo e Xadrez Náutico Camariñas son as entidades organizadoras do I Torneo Xadrez Rápido "FENAUCAM-CAMARIÑAS" que terá lugar o vindeiro 22 de xuño. 


O torneo é para xogadores/as federados e con premios en metálico e trofeos para distintas categorías e tamén sirve para puntuación ELO.


Este pasado 17 de maio, varios xogadores/as do Xadrez Náutico Camariñas acudiron a Carballo para participar no Torneo das Letras Galegas e valedeiro para o IV Circuito Intercomarcal de Xadrez Rápido Deputación da Coruña, e onde obtiveron mois bos resultados e obtendo varios deles puntuacións superior a 1000 ELO. Neste torneo de Camariñas terán a oportunidade de seguir sumando puntos e subir no escalafón da Federación Galega de Xadrez.


O Torneo terá lugar na aula formativa da Cofradía de Pescadores de Camariñas e os actos de entrega de premios terá lugar no salón social do Club Náutico de Camariñas. 


Para participar, podes remitir un correo a pokeryajedrez@gmail.com ou o móbil: 617234393.





CARTEL I TORNEO XADREZ RÁPIDO CAMARIÑAS