Presentado o vídeo anuncio da III Feira Náutica de Camariñas (FENAUCAM 2019)

|


Fai uns días xa se facía chegar o vídeo a través das redes sociais a centos de persoas e facéndose viral tamén entre os moitos camariñáns espallados polo mundo.


O vídeo está dirixido por Pablo Alvite, e onde se reflexa a historia dun rapaz que encontra unha mensaxe nunha botella chegada a unha praia dun punto sin determinar, e que o fai coller rápido unha pequena embarcación para achegarse a Camariñas e ir a Feira náutica. Eso sí, o vídeo inclúe imaxes espectaculares que xa foran adquiridas polo Club Náutico de Camariñas a Dron Costa da Morte con motivo do Descenso en Kayak Ponte do Porto-Camariñas.


Ademáis de facer chegar o vídeo a través de wassap, acaba de incluirse o mesmo na páxina de Facebook do Club Naútico de Camariñas e co fin de que teña unha maior difusión si cabe en gran parte das redes sociais.


Nestos días tamén se fará público a programación definitiva da III Feira Náutica de Camariñas (FENAUCAM 2019) que está en pleno proceso de confirmación. 


VÍDEO ANUNCIO DA III FEIRA NÁUTICA DE CAMARIÑAS (FENAUCAM 2019)