O Xadrez Náutico Camariñas consigue trofeos no XIX Torneo Escolar de Arteixo

|


O Xadrez Náutico Camariñas sigue a participar en distintos torneos que teñen lugar pola provincia, e neste caso acudiron este sábado, 1 de xuño, ao XIX Torneo Escolar Xadrez de Arteixo e con contou con 9 xogadores/as do equipo e acudindo coa expedición algúns familiares e outros membros do equipo para animar aos seus compañeiros.


É un Torneo onde acuden os equipos invitados pola organización, e onde o Xadrez Náutico Camariñas xa está sendo o equipo sensación destos torneos, despois de estar preparándose en tan só 4 meses e chegando a máis de 40 os membros totales do equipo en todas as categorías.


Tamén acudiron coa expedición os dous preparadores do equipo (Alberto Luaces e José M. Olveira) que mostraban a súa sastifacción o regreso do torneo despois de facer un bó papel en xeral nas catro categorías e obter trofeo dous dos integrantes do equipo.


Na Sub-14, estivo loitando Omar González, onde tiña un papel difícil pois tivo que enfrentarse a rivales de moito nivel, e inda así non deixou de pelexar en ningún momento e ata o mismo final da 6ª e última partida.


Na Sub-10, estiveron Naiara Gerpe e Nicol María, con varios triunfos durante as seis partidas, e deixando claro que siguen unha liña ascendente que irán demostrando nos seguintes torneos.


Na Sub-8, estaba Jacobo Olveira, un dos máis pequeniños do Torneo, que con 5 anos, tivo que enfrentarse a rivais de maior idade, e ademáis contou co apoio doutro dos membros "biberóns" do equipo e gran amigo, Manuel Moreno, o cal xa participará nos torneos na próxima campaña.


Na Sub-12 era onde o Xadrez Náutico Camariñas presentaba máis xogadores, e aí estaban, Lucas Vila, Alejandro Gerpe, Álex Blanco, Julián Pasantes, Cristian Lourido e Fabio Caberta, que demostraron a súa valía con rivais moi complicados e onde todos tiveron victorias nas 6 partidas disputadas, e onde finalmente polos puntos obtidos, foron Álex Blanco cun 3º posto e Cristian Lourido cun 4º posto, os que recibieron trofeo. A última hora, a expedición do Xadrez Náutico Camariñas viose mermada por cuestións de enfermedade e familiares, que fixo que non fora posible a presencia de Antón Vigo, Candela Santos e Olaf González. 


Todos os participantes recibieron medalla do Torneo e sorteo de regalos das empresas patrocinadoreas e donde a todos/as integrantes do equipo lles correspondio un desos regalos. 


O Xadrez Náutico Camariñas sigue a súa andadura e xa ten na mente o vindeiro Torneo en Camariñas, patrocinado por FENAUCAM e que vai a reunir a centos de xogadores/as de gran nivel e onde os seus monitores teñen esperanzas de seguir subindo nivel e acadar postos importantes i incluso trofeo. Terá lugar o 22 de xuño, na aula formativa da Cofradía de Camariñas.


Hai que decir que no día de onte, o árbitro deste Torneo en Arteixo, Óscar de Prado, confirmou que o xogador do Xadrez Náutico Camariñas, Álex Blanco xa contaba con 1.231 puntos de ELO, xa unha importante puntuación que aparece reflexada na Federación de Xadrez. Durante este mes de xuño, os monitores non teñen dúbida que outros membros entraran tamén con puntuación ELO na clasificación da Federación. 


ALGUNHAS IMAXES DO XIX TORNEO ESCOLAR XADREZ DE ARTEIXO


IMG 20190601 201052


IMG 20190601 175830


IMG 20190601 182545


IMG 20190601 183601


IMG 20190601 165026


IMG 20190602 WA0002

IMG 20190602 WA0001


IMG 20190602 WA0003


IMG 20190602 WA0004