Programa de actividades para a III Feira Náutica de CAMARIÑAS - FENAUCAM 2019 -

|


Xa está a piques do inicio da III Feira náutica de Camariñas - FENAUCAM 2019 - e co lema para este ano "PAIXÓN DE MAR", xa o dí todo,  e xa temos nas nosas mans o amplo programa de actividades para esta edición, onde como sempre a entrada e as actividades e totalmente gratuita, con sorteos, zona infantil, "bautismos de mar" nunha piscina exterior con "Buceo Malpica", visitas de portas abertas as embarcacións de Salvamento e Garda Civil, degustacións gastronómicas, exposicións fotográficas e de pintura, museos do mar e da Real LIga Naval Española, impresionantes maquetas navais da Fundación Exponav, stands institucionais e comerciais, proxeccións, conferencias, presentacións literarias, premios especiais, etc. 


E actuacións musicais, ben polas tardes coas Amas de Casa de Camariñas, e pola noite con grupos musicais para amenizar as veladas nocturnas, co grupo "Los Presentes" e o xa famoso grupo de Laxe "O Tren da Unha". 


Este ano ademáis darase por vez primeira o PREMIO ESPECIAL FENAUCAM 2019 e que nesta ocasión recaio nos actores e actrices que protagonizaron a famosa e mítica serie da TVG "MAREAS VIVAS", e onde nos acompañaran algunha das actrices e actores inolvidables da serie que foi un auténtico fenómeno social pouco antes de chegar o ano 2000.


Sin dúbida, unha boa ocasión para achegarse a Camariñas e poder "vivir e sentir a náutica" no Corazón da Costa da Morte... con PAIXÓN DE MAR. 


Programa actividades fenaucam1


Programa actividades fenaucam2