Gran éxito a todos os niveis da III Feira Náutica de Camariñas "FENAUCAM 2019"

|


NOTA PRENSA CLUB NÁUTICO DE CAMARIÑAS: 



Dende o Club Náutico de Camariñas queremos ofrecer o balance final da III Feira Náutica de Camariñas que rematou este domingo ás 21,00 h. e despois de tres días moi intensos e con todo tipo de actos e actividades, tanto dentro como fora da Carpa de FENAUCAM 2019.


Finalmente podemos cifrar nunhas 6.000 persoas o número de visitantes a todas as zonas da FENAUCAM 2019 e onde tamén tivo o seu número importante as visitas a Lancha de Salvamento e Garda Civil que chegaron a preto de 700.


Pero ademáis hai que ter en conta no primer día de Feira a chegada de preto de 300 alumnos/as de colexios  e Institutos de Camariñas, Ponte do Porto e Malpica; importante presencia de autoridades, tanto política como a Alcaldesa de Camariñas, social e militar, coa presencia do Delegado de Defensa en Galicia, Coronel D. Antonio Bernal Martín así como destacados mandos de la Armada; espectacular simulacro de salvamento con helicóptero e lancha Altair e coa presencia dos alumnos/as que estaban a visitar FENAUCAM 2019; deceas de eventos, charlas, conferencias diversas, proxeccións, presentacións literarias, bautismos de buceo, exposicións fotográficas, pintura, maquetas navais, homenaxes e recoñecementos e a entrega do premio especial FENAUCAM 2019 aos actores e actrices da serie “Mareas Vivas” e onde se contou coa presencia de Isabel Blanco, Patricia Fernández e Xaquín Caamaño en representación de todos eles; nomeamento de embaixadores do Club Náutico de Camariñas, na persoa de Xosé-Luis Blanco (Santiago), Alberto Artaza (A Coruña), José Ramón Ayora ( Costa da Morte) e Bernard Bourdiol ( La Rochelle-Francia), etc.


Miles de visitas que fixeron posible tamén unha importante cifra de negocio no total das ventas comerciais, coa venta de iates, embarcacións, artículos náuticos, textil, artesanía, e outros sectores representados na feira náutica, poidendo chegar a máis de 200.000 € a cifra de negocio que acontecio en 3 días en que Camariñas se converteu na capital galega da náutica.


Pero non nos podemos dormir nos laureles e xa estamos pensando na IV edición, que terá lugar os días 12, 13 e 14 de junio de 2020, e onde se contará cunha ampla carpa totalmente dedicada ao mundo da náutica, outra carpa dedicada ao sector do Turismo Costa da Morte e sector comercial e finalmente unha zona especial dedicada a rica gastronomía da nosa terra, ademáis de actividades fora da carpa e na zona de mar.


Por suposto, seguiremos contando cos colexios e institutos da Costa da Morte e onde esperamos poder recibir a máis alumnos/as, xa que será un dos actos especiais que seguirá sempre fixo na programación de FENAUCAM.



Agradecer a todas as institucións que colaboraron (Deputación da Coruña, Consellería do Mar, Armada Española, Concello de Camariñas e Laxe, Salvamento Marítimo, Fundación Exponav ), entidades como Abanca, Suministros Lar, Museo do Mar de Noia, Cerdeimar, Real Liga Naval Española, Fundación Titanic, Cofradía de Camariñas, Xadrez Náutico Camariñas, etc. para que foxe posible sacar adiante esta importante edición de FENAUCAM e desexar que para o vindeiro 2020 a colaboración siga crecendo para que a Feira Náutica converta a Camariñas cada ano na capital da náutica.


(Na imaxe, un momento da chegada dos alumnos/as a FENAUCAM 2019)


IMG 20190614 115300