Será este sábado, cando o Xadrez Náutico de Camariñas teña a oportunidade de participar nun dos torneos importantes do ano, co I Torneo Xadrez Rápido "FENAUCAM" que terá lugar na aula formativa da Cofradía de Pescadores de Camariñas e sendo un dos organizadores xunto co Club Xadrez Arteixo.
Para esta importante cita deportiva, serán 14 os xogadores/as do Xadrez Náutico Camariñas que participan nun torneo aberto onde hai un gran nivel entre moitos dos participantes. O torneo será valedeiro para o IV Circuito Intercomarcal de Xadrez Rápido Deputación da Coruña.
A partires das 16,00 h. dará comezo o torneo que rematará sobre ás 20,30 h. coa entrega de trofeos e premios económicos, así como cos sorteos de diversos regalos de Cerdeimar e o Club Náutico de Camariñas.
Pero o Xadrez seguirá terá unha cita importante nunha semana despois, por canto dará inicio ao Campamento de Xadrez en Camariñas que terá unha duración de 5 días e posterior torneo de lentas os días 6 e 7 de xullo. Neste campamento participan 7 xogadores/as do Xadrez Náutico Camariñas.
CARTEL OFICIAL DO TORNEO