O 6 e 7 de Xullo, terá lugar O I Torneo de Xadrez Sub-2200 "RÍA DE CAMARIÑAS" organizador polo Club Xadrez Arteixo e o Xadrez Náutico Camariñas e que será o colofón ao I Campamento de Xadrez organizado en Camariñas entre os días 1 e 5 de xullo.
Incluimos cartel oficial do Torneo onde se destacan as características así como as bases do mesmo.
BASES DO TORNEO
Bases do I Torneo sub-2200 Ría de Camariñas
Datas: 6 y 7 de xullo de 2019
Local de xogo: Cofradía de Pescadores, Porto de Camariñas s/n.
Sistema de xogo: suizo a 6 roldas, poderla ser acelerado según o número de xogadores.
Ritmo de xogo: 60´ minutos + 30” segundos de incremento.
Horario de xogo:
1ª rolda: sábado 6 as 10:30 2ª rolda: sábado 6 as 16:00
3ª rolda: sábado 6 as 19:00 4ª rolda: domingo 7 as 10:00
5ª rolda: domingo 7 as 15:30 6ª rolda: domingo 7 as 18:30
Clausura sobre as 21:30
1ª pokeryajedrez@gmail.com ou no 617234393 ata o 5 de xullo.
Emparellamentos: realizaránse mediante programa informático, non se admitirán reclamacions salvo erros na introducción de resultados antes da seguinte rolda.
Días de descanso (Byes): Pódense solicitar ata un máximo de 2 Byes ata a 3 rolda. Os Byes correspondentes a primeira rolda deberán formalizarse vía email (con acuse de recibo) antes de que remate o prazo de inscripción. Os Byes das seguintes roldas (2ª, 3ª) deberán formalizarse antes de que remate a primeira rolda. Na rolda solicitada non se emparellará o xogador e daráselle medio punto.
Participantes: O torneo está reservado para xogadores con menos de 2200 Elo FIDE de lentas, todos os xogadores deben estar federados, pódese federar ata o día 5,o torneo será válido para ELO FIDE e FEDA de lentas.
Desempates: maior número de partidas xogadas, resultado particular, bucholz -1, bucholz total e APRO.
Tempo de espera: O tempo de demora será de 30 minutos. Un xogador que non compareza a partida sin causa xustificada será eliminado do torneo.
Premios (en euros): total 500€
Xeral: Especiais: Locais:
1º 100€ + trofeo 1º sub-1800:20€ 1º 20€ + trofeo
2º 80€ 1º Veterano trofeo 2º 10€ + trofeo
3º 70€ 1ª femenina trofeo
4º 60€ 1º sub-16 trofeo
5º 50€ 1º sub-14 trofeo
6º 40€ 1º sub-12 trofeo
7º 30€ 1º sub-10 trofeo
8º 20€ 1ª sub-8 trofeo
E obrigatoria a presencia na clausura para recoller o premio. Os premios non son acumulables e repartiranse por rigurosa orden de clasificación, no caso de optar a 2 levarase o de maior cuantía e se son iguais seguiráse a orde xeral.
Regras de xogo: Para o no especificado nestas bases aplicarase o regulamento da FIDE. A inscripción no torneo supón a aceptación destas bases e a autorización dos participantes para publicar os seus datos personais ou fotografías nos diversos medios de comunicación ca organización considere oportunos para difusión do evento (resultados, listados, clasificacions, partidas, fotos, etc.…).
A organización reservase o dereito de admisión e o dereito de rectificar ou modificar estas bases ou cancelar o torneo sin mais aviso que a sua publicación na páxina web oficial www.pokeryajedrez.com.
Organiza: Club xadrez Náutico de Camariñas- Club Xadrez Arteixo
Patrocina: Club Náutico de Camariñas
Colabora: Concello de Camariñas, Conservas Boya
Alojamiento recomendado: Hotel O Parranda C/ Casadillo. 15123 Camariñas 677 433 303 info@oparranda.com