"AVANTE TODA" será o lema da IV Feira Náutica de Camariñas (FENAUCAM 2020)

|


Unha vez rematada a III Feira Náutica de Camariñas (FENAUCAM 2019) dende o Club Náutico de Camariñas xa estamos a traballar na IV FENAUCAM 2020 e que terá lugar os días 12, 13 e 14 de xuño de 2020 co lema (provisional) de “AVANTE TODA”, o cal será moi adecuado si todo vai polo bo camiño e sigue e incluso se incrementa o apoio das institucións públicas ( Deputación da Coruña, Consellería do Mar e Concello de Camariñas), posto que o avance e o paso de xigante que dará o evento náutico xa referente a nivel autonómico será dun gran nivel e acorde co lema “Avante Toda”, porque o avance e crecemento de FENAUCAM é xa imparable.


Na vindeira edición, haberá unha carpa totalmente e en exclusiva dedicada a Náutica, mentras que haberá outra carpa dedicada ao sector do Turismo e outras propostas comerciais de interese, ao que haberá que sumar outra zona do espazo da feira cunha interesante oferta gastronómica basada en productos  da nosa Ría como únicos protagonistas (Navallas, Mexillóns, Pulpo, etc.).


Agora queremos trasladar aos medios de comunicación os números premiados nos distintos sorteos que se levaron a cabo na última xornada da III Feira Náutica de Camariñas (FENAUCAM 2019) posto que inda están pendentes de coñecer gañador/a e existindo un prazo dun mes para reclamar o premio.


Nº PREMIADOS 

 

Nº premiado: 1871 ( 1 cea para dúas persoas)

Nº premiado: 1868 ( 1 cea para dúas persoas ) ( xa hai gañadora con este número)

Nº Premiado: 1546 ( 1 polo da firma FREE GLISS )

Nº premiado: 2996 ( 1 polo da firma FREE GLISS)

Nº premiado: 211 ( "Cesta Náutica")



As persoas que dispoñan destos boletos, poden poñerse en contacto co móbil: 618 950557


(Unha imaxe da III Feira Náutica de Camariñas- Fotografía: Pablo Alvite)


PORTADA fenaucam avantetoda




   Gran éxito a todos os niveis da III Feira Náutica de Camariñas "FENAUCAM 2019"