Camariñas, as súas festas e as súas xentes por Ruperto Mosquera

|

Título: "Camariñas, as súas festas e as súas xentes"

Autor: Ruperto Mosquera


Texto:


Camariñas, unha vila mariñeira moi acolledora, cunha fermosa ría, rica en peixe e marisco. Tamén temos paraxes naturais, que paga a pena coñecer polo agreste do seu entorno; o Cabo Vilán, co seu impresionante faro, que se ergue no seu cumio; praias de Reira, Camposanto dos Ingleses, Monte Blanco, un mirador hacia o mar nunha costa privilexiada onde se ubican nos seus alrededores as dunas de Trece,  onde xerminan unhas plantas cuns froitos caque únicos no mundo, que se coñecen com Caramiñas. Non sabemos si o nome da Vila provén deses froitos.


Temos tamén as nosas festas onde veñan as mellores orquestras de Galicia (non podía ser doutro xeito); as de San Xurxo, patrón da vila, as da Virxen do Monte, ubicada nunha capela, que domina a entrada da Ría Camariñana, guardiana de todo-los barcos que faenan no noso litoral; e as grestas grandes da vila, na honra a nosa Señora do Carmen, Virxen Mariñeira, que non só son importantes na súa parte lúdica si non tamén pola advocación e devoción que lle profesan os mariñeiros para que os protexa no seu traballo neste mar embravecido da nosa Costa da Morte. 


Estamos orgullosos de ser camariñáns, posto que é un privilexio nacer en Camariñas, vivir o día a día cos nosos veciños e mariñeiros, homes duros curtidos polo mar, pero cun corazón noble que non lles colle no peito, preocuparnos polas súas inquedanzas pero tamén participar das súas alegrías. Despois de honrar a Virxen do Carmen, queremos troula e pasalo ben, e inda máis.


A Cofradía de Pescadores vinculada a vida dos mariñeiros non só colabora nos actos relixiosos; ata fai uns anos nos agasallaba o 17 de xullo cun tentempé a base de churrasco, polbo, empanada, viño e cervexa a fartar. Xa o decia Rosalía de Castro:


"Vámonos a Camariñas

a las fiestas del Carmelo

porque mozos y mociñas

de Camariñas al cielo"


E tamén unha cantiga mariñeira:


"Vámonos de eiquí patrón

vámonos que hai moita carne

entramos en Camariñas

a pasa-lo día do Carme"


O meu desexo é que esta cantiga mariñeira, sirva para que o novo cabildo da Cofradía recupere esa cultura gastronómica do 17 de xullo que "dignifica as persoas" e da "categoría" ao pobo.


E non quero esquencerme que somos un referente mundial no encaixe de bolillo.


Camariñas é única, e queremos que todas e todo-los que nos visiten, se sintan únicos na nosa vila.


RUPERTO MOSQUERA



Camariñas portada artigorupertomosquera


(rutadosfaros.gal)