Según nos informa a concesionaria do Bar Náutico de Camariñas, este sábado, 27 de xullo, haberá unha noite especial aproveitando ademáis o evento que ten lugar esta fin de semana en Camariñas co "Encaixe no Camiño".
A partires das 11 da noite e ata ás 2 da maña, un experto coctelero estará preparando cócteles de Gin-tonics e amenizado con boa música para unha boa noite de verán.
Tamén este sábado, xa estarán dispoñibles os pinchos medievais así como o persoal estará vestido cos prendas da época para poñerse en ambente co evento do "Encaixe no Camiño".