Nova exposición no Museo MAN de Camelle sobre a traxedia do Prestige

|


O Museo Man de Camelle acolleu hoxe, 27 de xullo, unha exposición titulada ‘Un Nunca Máis contado polas fillas de Manfred’ que xira en torno á traxedia do Prestige e tamén sobre a figura de Manfred Gnädinger, o alemán de Camelle.   

A exposición está promovida pola asociación Unha Gran Burla Negra, colectivo que recopilou pezas artísticas, poemas, imaxes, músicas, textos e intervencións, anónimas ou non, que desbordaron rúas e medios durante os meses nos que se estendeu a catástrofe do Prestige. Esta documentación forma agora parte dunha colección formada por 1.000 imaxes que ilustran o xeito no que afectou a catástrofe do Prestige e outras similares ás vidas da poboación, incluída a de Man.   

A exposición segue un fío argumental relacionado coas catro fillas de Manfred (Lucía, Teresa, Eugenia e Rosalía) que supostamente enviaron ao Museo catro caixas cheas de documentación xerada a partir das súas investigacións ao redor do afundimento do Prestige.   

O obxectivo desta mostra según a súa comisaria, María Bella, é “facer memoria, celebrar o empoderamento colectivo e a unión lograda naquela época entre persoas de diferentes lugares, e recuperar esta conciencia para aplicala no presente e imaxinar o futuro que queremos nun tempo no que a cuestión medioambiental está moi vixente”. 


Documentación: camarinas.net


Museo man camelle


(rutadosfaros.gal)


OLVEIRA logo menu2