Perigo de facer barbacoas no merendeiro do Ariño en Xaviña

|


Información de interese do Concello de Camariñas sobre a realización de barbacoas no merendeiro do Ariño en Xaviña:


O Concello de Camariñas, aplicando a Lei 3/2007 do 9 de abril, de provención e defensa contra os incendios forestais, non permitirá a realización de lumes no merendeiro de Ariño.   

Durante o verán, o risco de incendios é especialmente elevado, polo que desde o Concello vense na obriga de protexer tanto a contorna como aos propios usuarios da área recreativa, en prevención dunha situación de risco para as persoas, animais e a natureza.   

A Dirección Xeral de Montes da Xunta de Galicia define 194 municipios como zona de alto risco de incendios forestais, entre os que se atopa o Concello de Camariñas.   

O Concello pode autorizar lume só cunha excepción: o que se faga para ocio ou preparación de alimentos dentro das festas locais ou de arraigada tradición popular.   

Autorización exepcional   

O próximo 25 de xullo o Concello de Camariñas organiza unha sardiñada para a Festa da Praia, posto que se trata dunha festa local de arraigada tradición popular que se celebra no merendeiro de O Ariño.   

Por outra banda a Xunta de Galicia pode autorizar lume en áreas recreativas sempre que conten cos requisitos, instalacións e equipamentos específicos que se sinalen regulamentariamente.   

O Concello está a promover un proxecto para contar con zona de grellas autorizadas pola Xunta para o merendeiro do Ariño, que espera poda estar realizada neste ano 2019. Mentres tanto, lembramos a prohibición de facer lume


Ariño xaviña



OLVEIRA logo menu2