I Campamento de Vela en Camariñas entre o día 1 e 8 de setembro

|


Tal e como indican os promotores da actividade, Loreto Núñez Varela e Gabriel González, responsables da empresa UBUNTU, esta campamento denominado "I Convivencia náutica Costa da Morte 2019" que terá lugar entre os días 1 e 8 de setembro, nace co motivo do fomento dos deportes náuticos na Costa da Morte, e onde se trata de disfrutar ao longo dunha semana de convivencia e nun entorno inmellorable para as actividades relacionadas co océano. Case ¡¡ máis de 12 horas diarias!! tendo a náutica como eixe central. 


A iniciativa nace da ilusión conxunta de diversas  entidades, como o Club Náutico de Camariñas e o Concello de Camariñas así como da empresa UBUNTU a cal está estudando establecerse a partires de setembro aquí na Ría de Camariñas para poder ofrecer clases de vela e doutras prácticas náuticas durante todo o ano.


Hai que decir que Loreto Núñez Varela, foi 6 veces campiona galega de Vela na clase Europa (2001-2007) e tamén formou parte durante ese periodo do equipo preolímpico español da clase Europa, e en 2010 alcanzou a 6ª praza no Campionato do Mundo da Clase Snipe.


Para este I Campamento de Vela denominado "I Convivencia náutica Costa da Morte 2019" acuden desde Lanzarote e da Coruña e onde se espera tamén rapaces e rapazas de Camariñas e da Costa da Morte.


As persoas interesadas en participar neste I Campamento de Vela, poderan reservar praza e solicitar o programa completo da actividade chamando aos móbiles: 689908818-665051031. O prazo está aberto ata o 23 de agosto. O custe da actividade sin aloxamento será de 250 € e os socios/as, fillos/as e netos/as de socios/as contaran cun BONO DESCONTO DE 60 € ( o custe da actividade quedará en 190 €).


As actividades que se realizarán durante a convivencia serán:



  • - Vela (Raquero, Europa, Láser, 420)
  • - Windsurf
  • - Rutas en Kayak
  • - Surf (inclúe tablas e neoprenos)
  • - Rutas de Senderismo
  • - Ioga e meditación


Os gastos, inclúen ( para os rapaces e rapazas de Camariñas e comarca):


- Comidas/cenas : Bar Náutico

- Clases Surf: La SurfHouse ( Nemiña)

- Desprazamentos: Furgoneta O Puntal, Microbús

- Dietas Monitores


As actividades comezaran sobre ás 10,00 h. e o programa diario finaliza despois da cea que terá lugar sobre ás 21, 30 h., é decir, ¡¡ máis de 12 horas de convivencia diaria!! coa náutica como protagonista case única.


Ao longo dos 7 días de convivencia, teran lugar ceas especiais, excursión ao Ézaro e Fisterra, rutas de senderismo, Picnic en varias praias, Surf na praia de Nemiña, etc.


CARTEL DO I CAMPAMENTO DE VELA EN CAMARIÑAS


UBUNTU LIFE CONVIVENCIA SEPT 2019





(Na imaxe, Loreto Núñez Varela, coas rapazas do Club Marítimo de Oza O Puntal- La Voz de Galicia)


Loretonuñez vela


OLVEIRA logo menu2