Fin de semana intenso deportivo no Club Náutico de Camariñas

|


ENLACE AO I CAMPAMENTO DE VELA NO CLUB NÁUTICO CAMARIÑAS


Este sábado, 3 de agosto, a feta trasladouse a Ponte do Porto coa cita xa tradicional de todos os anos do Descenso de Kayak Ponte do porto- Camariñas e sendo este ano a 7ª edición dun evento que cada ano arrastra a máis inscritos.


Os kayaks saíron da Ponte de Porto sobre ás 17,00 h. despois da entregar do material aos inscritos, e puxéronse en camiño co programa previsto, con parada no Ariño en Xaviña e na praia de Lingunde para seguir hacia o Club Náutico. 


Despois, os participantes onde abundaban pais e nais cos seus fillos/as, unha vez nas instalacións do Náutico, disfrutaron dun ágape a base de churrasco e empanada e con bebida para recuperar forzas despois dun traxecto de máis de 4 millas.


De novo un éxito na organización e na participación de máis de cen inscritos e  polo gran traballo desplegado por parte do equipo do Club Náutico de Camariñas que levou a batuta deste VII Descenso en Kayak, con Alberto Ayora e Alberto Luaces a cabeza do mesmo. 


ENLACE AO ÁLBUM DE FOTOS DA VOZ DE GALICIA


Descensokayak 2019 lavoz


(La Voz de Galicia)



Xadrez Náutico de Camariñas sigue competindo en veran


Durante os meses de veran o equipo do Xadrez Náutico de Camariñas sigue a sumar participacións en distintos torneos, e si 0 28 de julio foi en Arteixo, esta fin de semana do 3 e 4 de agosto, acudiron a dúas citas que eran valedeiras para o IV Circuito Intercomarcal Deputación da Coruña.


O sábado, 3 de agosto, acudía o equipo a Bembibre (Val do Dubra) onde o equipo seguía sumando victorias e experiencia que lle servirá para enfrentarse a partires de outubro na Liga de 4ª División, e que seguiron con resultados moi positivos na cita do 4 de agosto en Cerceda e onde se conseguiron puntos importantes para dispor de puntuación ELO e tendo prácticamente todos os membros do equipo principal do Xadrez Náutico de Camariñas xa puntuación de máis de 1.000 puntos de ELO en rápidas.


Quedan máis citas e intentarase acudir ao maior número delas, onde están Betanzos, Cambre, Rianxo, Carnota, Malpica, Cabana de Bergantiños e Zas. Sin dúbida un veran intenso para os membros do equipo que siguen así a súa preparación para enfrentarse a maiores retos a partires de 2020 e contando que en setembro comencen de novo as clases para sumar novos xogadores/as de todas as idades e que poidan ir coñecendo e apaixonándose do mundo do xadrez.


Xadrez nautico cerceda 2019


(Na imaxe, Julián,Álex e Fabio no torneo de Cerceda celebrado este domingo, 4 de agosto 2019)



OLVEIRA logo menu2