Próximos eventos no Club Náutico de Camariñas: Cea Baile dos socios/as e Asamblea xeral

|


Un mes de agosto intenso para os socios/as do Club Náutico de Camariñas, despois do fin de semana deportivo co VII Descenso en Kayak Ponte do Porto-Camariñas e a participación en numerosos torneos do veran do equipo Xadrez Náutico Camariñas.


O vindeiro sábado, 17 de agosto, a partires das 21,30 h. terá lugar a CEA BAILE ANUAL dos socios/as do Club Náutico de Camariñas e coa actuación musical do DÚO D´CAFE.


Para anotarse a CEA BAILE:


Hai que inscribirse no listado que está dispoñible na oficina do Náutico ou chamando ao móbil 690799680 co nome do socio/a e acompañante (non poden vir como acompañantes menores de 18 anos). O horario da oficina do náutico é de 18,00 h.a  20,00 h.


O prazo para anotarse finaliza o 15 de agosto, xoves, ás 20,00 h.


Nota importante: O socio/a que reserve praza e que sin previo aviso de 2 días non asista ao evento, pasaráselle o importe do custe da reserva no vindeiro recibo (salvo causa xustificada).


ASAMBLEA XERAL DE SOCIOS/AS


A Asamblea Xeral de Socios/as do Club Náutico de Camariñas terá lugar o sábado, 31 de agosto, no propio salón social da entidade.


Estos días se remite a comunicación por correo ordinario para coñecemento dos socios/as así como da orde do día.


Tamén, no mesmo escrito se remiten as novas do Club Náutico, facendo referencia a propia CEA BAILE dos socios/as así como a o I Campamento de Vela denominado "I Convivencia náutica Costa da Morte 2019" organizado pola empresa Ubuntu Life.


Reapertura nautico 110818 1




OLVEIRA logo menu2