A marca textil "Free Gliss" inicia a súa introducción en España desde Camariñas

|

A empresa Avante Toda Textil, domiciliada en Camariñas, e dirixida por Martín

Castiñeira e José M. Olveira, chegou a un acuerdo coa firma textil de roupa deportiva

e náutica “Free Gliss” para a súa introducción a nivel de España, tendo

autorización para distribuir os diseños da firma, así como autorizar tendas e usos de

espazos en establecementos comerciais.


A marca “Free Gliss” foi toda unha sensación e éxito de ventas, pola calidade das

prendas, diseños e precios competitivos na pasada Feira Náutica de Camariñas, e foi

aí onde se fragou o inicio do acordo plantexado polo propio diseñador da firma e o

xerente dos talleres onde se confeccionan as prendas, para levar a distribución por

toda España, posto que agora mesmo teñen puntos de venta a nivel internacional

ademáis da venta online.


A xestión da firma camariñana, contactará cos puntos de venta más adecuados para a

presentación da firma e os seus diseños de roupa deportiva e náutica, buscando

sempre que exista un só punto de venta por pobo ou cidade e buscando así a

exclusividade da mesma desde calqueira punto a nivel nacional.


Dende logo, será Camariñas o primeiro punto de venta que se presente para

despois iniciar o avance e o desenrolo da enseña textil por toda España.


Ademáis, a firma “Free Gliss” colabora activamente coa Asociación “The Sea

Cleaners” que loita para reducir a polución do plásticos nos océanos e está

desenrolando un impresionante proxecto denominado “Manta” cunha visión para a

conservación do océano que é de alcance global é a longo prazo. Unha iniciativa que

por suposto tamén apoiamos dende Avante Toda Textil e que tentaremos visibilizar

en numerosas accións o longo do ano.


Sentímonos halagados e moi agradecidos, ao diseñador de “Free GlissJorge

Caleiro pola súa confianza posta nunha empresa nova de Camariñas e para dende

aquí dar o salto desta recoñecida firma textil internacional a toda España.


A nova nos medios de comunicación:


ADIANTE GALICIA


EL CORREO GALLEGO


Freegliss logo españa


Avante toda textil tarjeta