En setembro, Andaina pola inclusión en Camariñas

|

A concellería de servizos sociais do Concello de Camariñas, en colaboración coa Asociación ÍNTEGRO de Nantón, organiza unha andaina polo Día Da Inclusión.


Sairá desde o Club Náutico e chegará ata a Praza do Concello. Alí faranse distintas actividades e lerase un manifesto. Máis tarde celebrarase unha comida conxunta entre os membros de distintos colectivos. 


O acto terá lugar o 20 de setembro a partires das 12,00 h.


Cartel Oficial


Andaina inclusion 2019



Documentación: camarinas.net