Sale a licitación a concesión do Bar Náutico de Camariñas

|


Según informa a Directiva do Club Náutico de Camariñas, dende este martes, 3 de setembro, todas as persoas físicas ou xurídicas poden presentar as súas ofertas pola licitación da concesión do Bar Naútico de Camariñas, e será na oficina do club onde poden recoller as bases da mesma e a solicitude para cubrir (horario de oficina de 18,00 h. a 20,00 h.). Tamén poden recabar información chamando ao móbil 618 950557.


O prazo para presentar as ofertas a esta licitación finaliza o vindeiro 13 de setembro, ás 20,00 h.


O Bar Náutico de Camariñas conta cunha das mellores instalacións hosteleiras de Camariñas, e mesmo o Bar foi reformado fai menos dun ano e recoñecido por todos como un diseño moi náutico e acolledor e con amplas terrazas tanto cuberta como exteriores además de contar con todos os medios tanto na cociña como no propio bar para comezar a actividade de inmediato.


As bases da licitación contan cun precio de saída moi asequible e onde se incorporan prácticamente as mesmas condicións e obligacións que a actual concesión. 


Dende a Directiva dan as gracias a actual concesionaria, María Jesús Ramos, por este ano de intenso traballo ao frente do Bar Náutico, e deséxalle que siga co éxito de sempre no seu actual negocio e nos proxectos empresariais futuros. 


Reapertura nautico 110818 1