Gran inicio de UBUNTU LIFE co seu campamento de vela na Ría de Camariñas

|


A empresa que recentemente acaba de radicarse en Camariñas e que está dirixida por Gabril González Zurdo e a regatista galega, Loreto Núñez Varela, están a facer un gran traballo na súa primeira actividade coa I Convivencia Náutica Costa da Morte 2019 ou chamada tamén I Campamento de Vela na Ría de Camariñas.


Preto de 20 rapaces e rapazas, ao longo desta primeira semana de setembro, estarán practicando diversas disciplinas de vela e tamén outras como Surf, BodyBoard, Kayak, etc. Os integrantes desta 1ª promoción de alumnos/as de Ubuntu Life proceden de Camariñas, Vimianzo, Carballo, A Coruña e mesmo de Lanzarote.


Según nos detallaron algúns dos participantes nesta I Convivencia Náutica Costa da Morte 2019, a experiencia está resultando muy gratificante e enriquecedora en moitos aspectos, mesmo un día fixeron senderismo e estiveron colaborando na limpeza dalgunas das praias de Reira, e teñen previsto saídas ao Ézaro e Fisterra así como a praia de Nemiña para a práctica de Surf. Tamén, falando cos alumnos/as de Lanzarote nos indicaban que todo estaba ben pero a "agua muy fría" incluso con traxe de neopreno. 


Incluimos vídeo publicado en Instagram, onde vemos un momento da actuación dun dos rapaces de Lanzarote navegando cunha  embarcación pola Ría de Camariñas e seguindo as instruccións da regatista, Loreto Núñez (tamén se pode ver o vídeo pulsando na imaxen inferior desta nova)









Ver esta publicación en Instagram














aprendiendo a disfrutar de cada gota de energía, con un gran compañero como dicen por tu tierra, un PUNTAl @frangtmt un placer tenerte con nosotros esta primera convivencia!!!!#europeclass #camariñas #zerowaste #plasticfree #childrenarethefuture

Una publicación compartida de UbuntuLife (@ubuntulife09) el





A continuación incluimos nota de prensa do Club Náutico de Camariñas, en relación as seguintes actividades a levar a cabo por Ubuntu Life durante todo ano e que se presentaran nas 2 xornadas de portas abertas que teran lugar os días 14 e 15 de setembro nas instalacións do Club Náutico de Camariñas. O número de inscritos nas distintas actividades é limitado e por elo, as persoas interesadas non deben retrasar a súa inscripción nos distintos programas.


Nota de prensa:


A empresa Ubuntu Life, dirixida por Gabriel González e a regatista galega, Loreto Núñez,  levaran a cabo durante a fin de semana do 14 e 15 de setembro, xornada de portas abertas para presentar as actividades que estaran vixentes todo ano coa súa empresa UBUNTU LIFE en colaboración co Club Náutico de Camariñas e o Concello de Camariñas.


Os integrantes de Ubuntu Life estaran presentando o material e as actividades que se levaran a cabo sobre todo na fin de semana e durante todo o ano, convertindo así a Ría de Camariñas no centro das actividades náuticas da Costa da Morte.


As actividades serán as seguintes:

- Escola de Regatas (a partires de 5 anos)

- Cursos para adultos ( a partires de 17 anos)

- Bautismos de mar ( a partir de 5 anos)

- Rutas Kaiak ( a partires de 5 anos)


Máis adiante tamén incluirán atardeceres en crucero pola Ría de Camariñas, e cursos de Surf e Bodyboard.


Durante os día 1 e 8 de setembro tivo lugar  a “I Convivencia Náutica na Costa da Morte 2019” ou tamén denominado I Campamento de Vela no Náutico de Camariñas coa empresa Ubuntu Life como organizadores da mesma e sendo así o seu bautismo nas actividades náuticas. Está sendo todo un éxito con casi 20 rapaces e rapazas que chegaron non só de Camariñas, Vimianzo e mesmo Carballo, senon tamén da Coruña e mesmo de Lanzarote.


Tamén, a colaboración de Ubuntu Life co Club Náutico de Camariñas e o Concello de Camariñas, fará posible xa poder albergar na Ría de Camariñas probas do campionato galego de vela e mesmo vaise facer o intento para conseguir  a celebración na Ría de Camariñas dalgunha das probas do campeonato de España coa repercusión que iso conlevaría para Camariñas e toda a Costa da Morte.



Para as persoas interesadas en acudir as actividades náuticas de Ubuntu Life, poden chamar aos móbiles 689908818 ou 665051031 de luns a domingo, de 10,00 h. a 17,00 h.



Campamentovela camariñas 2019


Campamentovela camariñas 2019 2