Horarios das clases do XADREZ NÁUTICO CAMARIÑAS para tempada 2019-2020

|


Dende o Xadrez Náutico Camariñas sección deportiva incluida dentro do Club Náutico de Camariñas, acaban de remitir os horarios e días definitivos para a realización das clases de xadrez nos distintos niveis para a tempada 2019-2020.


Nivel medio e avanzado:

Luns, de 17,30 h. a 19,00 h. : Clase con Maestro e árbitro de xadrez

Xoves, de 17,30 h. a 19,00 h. : Clases prácticas e con partidas para torneo interno


Nivel iniciación/básico:

Martes e venres: de 17,30 h. a 19,00 h. ( excepto para os menores de 6 anos que será dunha hora, de 17,30 h. a 18,30 h.) 


Os rapaces e rapazas que teñan menos de 6 anos e xa estiveran inscritos na tempada anterior, poden inscribirse igualmente.


A inscripción será gratuita para os rapaces e rapazas que sexan fillos/as e netos/as de socios/as e de 10 €/mes para os outros inscritos.


Todos seran membros do equipo Xadrez Náutico Camariñas e estaran federados, podendo participar si queren en competicións oficiais co equipo. Ata o mes de outubro seguimos participando en torneos e a partires do mes de xaneiro entraremos na liga de 3ª división de Xadrez Provincial.


Hai prazas limitadas debido ao aforo dispoñible na aula, e por elo, os pais e nais interesados en inscribir aos seus fillos/as, poden solicitar a inscripción mediante correo a cncamarinas@cncamarinas.como ou a través destos dous whatsApp ( 649 710828/ 618 950557), indicando o nome do rapaz, data de nacemento e teléfono/móbil de contacto.


Os rapaces e rapazas que xa estiveran inscritos na tempada pasada, só teñen que remitir o nome e apellidos, posto que xa dispoñemos do resto de datos.


Os dous monitores locais, Alberto Luaces e José M. Olveira, queren agradecer os pais e nais o esforzo feito para que os seus fillos/as poideran asistir as clases e aos diferentes torneos, e tamén queren deixar patente o orgulloso que se sinten de cada un dos membros do equipo que estiveron nesta tempada e onde moitos seguiran e onde se sumaran novas forzas con pequenos e pequenas dispostos a disfrutar da paixón do xadrez.


(Na imaxe, algún dos integrantes do equipo durante un torneo en Arteixo)




IMG 20190601 201052