O NÁUTICO BAR de Camariñas fará o venres, 11 de outubro a súa reapertura

|


Despois de pouco menos dun mes e dun intenso traballo de selección persoal así como da realización de distintos trámites e diseños varios, será o venres, 11 de outubro cando teña lugar sobre ás 19,00 h. a reapertura do mítico e histórico "O NÁUTICO BAR" de Camariñas dentro das instalacións do Club Náutico de Camariñas e que será xestionado directamente pola entidade a través dunha xerencia.


Aproveitando a reapertura, que contara con sorteos especiais entre os clientes que asistan a mesma, darase conta da programación de "O NÁUTICO BAR" para os próximos meses, con exposicións no salón social que seguro serán do agrado de moitos veciños/as do Concello de Camariñas, así como os próximos eventos abertos a socios/as e clientes con ceas bailes especiais para amenizar o outono e inverno, amén das ceas bailes para os propios socios/as que terá lugar para finais de Decembro.


Pero haberá máis novidades a partires do venres, 11 de outubro, tanto na propia actividade de "O NÁUTICO BAR" como da entidade do Club Náutico de Camariñas, onde se inclúen novas de gran repercusión para a IV Feira Naútica de Camariñas (FENAUCAM 2020) e para as instalacións do Club a partires do mes de maio-xuño 2020 e que xa se irán comunicando a medida que sexa xa unha confirmación oficial.


Tamén hai que decir e así o comunican dende a xerencia de "O NÁUTICO BAR" de Camariñas, que ademáis do persoal que comezará a súa actividade o vindeiro 11 de outubro, se uniran en calidade de estudiantes en prácticas de hostelería de países como Arxentina e Colombia, para a sección de axudante de cociña e tamén para o servizo de Bar. A partires do 13 de xaneiro, si todo vai según o previsto, xa se incorpora a primeira das estudiantes para o servizo de Bar e que fará as prácticas ata mediados de maio, mentras que a axudante de cociña procedente de Arxentina, estará dende Marzo ata finais de agosto.


Así, "O Náutico Bar" ademáis de ser un centro turístico de referencia na Costa da Morte, pasará a ser un centro onde se forman estudantes de hostelería a nivel internacional e que terán a oportunidade de formarse e incluso pode darse o caso de continuar un tempo máis dentro da plantilla de "O Náutico Bar".


Ademáis dalgúns pequenos cambios no interior das instalacións e que non se poideron facer naquel momento da reforma do propio bar, se procedio a diseñar un logo definitivo para as instalacións de "O Náutico Bar" e co lema " A mellor travesía frente a Ría de Camariñas", deixando claro a ubicación privilexiada desta instalación hosteleira ao carón do mar que baña o peirao exterior de Camariñas.


Dende a Directiva do Club Náutico de Camariñas e da xerencia de "O Náutico Bar" transmiten o agradecemento a socios/as e clientes pola confianza demostrada durante todos estos anos de percorrido e que desexamos seguir contando coa mesma ou si cabe maior confianza posto que os retos que se nos presentan para os vindeiros anos seran dunha gran envergadura para a historia do Club Náutico de Camariñas. 


O venres, 11 de outubro, "O Náutico Bar" de Camariñas abre as súas portas a todos/as e comezando unha nova andadura do histórico bar do Náutico... o nome xa o dí todo de onde ven... onde vamos? "O Náutico"e así de forma tan simple se formou o seu propio nome.




O Náutico Bar logo