Promocións e novas en "O Náutico Bar" de Camariñas

|

INFORMACIÓN DE INTERESE DE "O NÁUTICO BAR"


Dende este venres, 11 de outubro, "O Náutico Bar" de Camariñas xa está prácticamente a pleno rendimento, e onde os clientes e socios/as xa poden disfrutar dun local hosteleiro histórico na nosa vila e nunha ubicación privilexiada e tal como indica o seu lema coa "mellor travesía frente a Ría de Camariñas".


"A HORA RIQUIÑA"


Uns chámanlle "Happy Hour", outros "Hora Feliz" e nós decidimos chamarlle "A Hora Riquiña" e que terá lugar os venres e sábados e cando apareza exposto nos carteis exteriores do local, entre ás 18,00 e 19,00 h.  "A Hora Riquiña" supoñe tomar unha consumición (a excepción de licores e combinados) e poder tomar outra gratis como agradecemento aos nosos clientes e socios/as, é decir (1+1). Estas promocións de venres e sábado iniciaranse co repique da campaniña das propinas e finalizará tamén da mesma forma. 


O TEU CUMPLEANOS TEN REGALO


Si cumples anos, xa tes outro motivo para acudir a "O Náutico Bar", posto que con só mostrar o teu carné de identidade ao persoal do establecemento, disfrutaras dunha consumición gratis. O persoal xa lles detalla as bebidas que entran nesta promoción.


SORTEOS SORPRESA


Nalgúns fins de semana, teran lugar "Sorteos Sorpresa" e onde durante 2 horas se entregaran boletos para entrar no sorteo nese mesmo día de diversos regalos. Por eso, avisaremos a través das redes sociais con poucos minutos de antelación da celebración destos "Sorteos Sorpresa". Hai que estar atento para poder ter opcións a estos regalos.


SERVIZO DE COCIÑA


A partires do primeiro de novembro, salvo contratempos de última hora, terá lugar a incorporación dun profesional da cociña e con elo se presentará a programación para os vindeiros meses e os novos menús que se incluirán dentro dos servizos de "O Náutico Bar" e que se poderan degustar ben nas distintas terrazas do establecemento ou mesmo no bar e tamén no salón que vivio pequenas reformas para facelo máis práctico e acolledor.


INCORPORACIÓNS DE ALUMNAS EN PRÁCTICAS


Tamén comezamos a colaboración con distintas escolas e universidades a nivel internacional relacionadas co mundo da hostelería, e por elo, a partires do 13 de xaneiro, se incorporará a plantilla de "O Náutico Bar" a alumna en prácticas, Camila, procedente da Fundación Universitaria Juan de Castellanos de Colombia e que permanecerá con nós ata mediados de maio. Desempeñará a súa laboura no servizo de Bar.


Ademáis, incorporase a alumna en prácticas, Maira, procedente do Instituto Ángel Salvadori AEHG de Arxentina, a partires do mes de marzo e que estará con nós ata finais de agosto, e que estará destinada como axudante de cociña.


É posible que poida incorporarse algunha alumna máis en prácticas, pero estamos a espera da confirmación.



OS DOMINGOS TAPAS "FÓRMULA K" (CALLOS E CAMARÓN)


Para os domingos e tratándose dun día especial da semana, os clientes e socios/as que se acheguen a "O Náutico Bar", poderan disfrutar dun riquísimos callos e tamén dun exquisito camarón . Este domingo, 13 de outubro, comezamos coa "FÓRMULA K" (callos e camarón). E por suposto, nos aperitivos poderan disfrutar dun coctail de frutos secos e riquísimas patatas fritas de Bonilla a la Vista. 


En canto se dispoña da programación para os vindeiros meses e sobre todo, unha vez se incorpore o cociñeiro profesional, estableceremos os días para as ceas bailes especiais co fin de amenizar a temporada de outono e inverno. 


En relación ao persoal, hai que indicar que estará sempre uniformado (camiseta co logotipo e lema de "O Náutico Bar" e fins de semana co polo oficial do Club Náutico de Camariñas) así como a indumentaria necesaria para exercer a súa laboura, ademáis de levar a súa identificación co seu nome. A primeiros de novembro terá lugar unha incorporación máis para o servizo de Bar como reforzo do equipo durante as fins de semana.



Seguimos a traballar para facer de "O Náutico Bar" o teu rincón preferido de ocio frente a nosa impresionante Ría de Camariñas.


Reapertura nautico 110818 1


O Náutico Bar logo