Camariñas se prepara para o seu "Desfile de Outono"

|


Camariñas é un referente mundial do Encaixe e por tanto a nosa artesanía está presente nas pasarelas de todo o mundo a través de prendas de todo tipo coas que desfilas os/as modelos.


E por elo, aí tamén ten que estar Camariñas, demostrando que somos uns "artistas" non só no Encaixe sénon tamén presentando a roupa que vai ser tendencia nesta tempada e onde poderemos ver os diseños de María Campaña, Kerubín, Oreiro, O rincón de Chus, D´Pau, Calzados Silvia e Confecciones Elsa.


Será o vindeiro venres, 1 de novembro, a partires das 20,00 h. no pavillón Municipal, e onde ademáis o público asistente poderá disfrutar dun chocolate con churros despois do desfile.


O acto será presentado por Saulo Fernández.


Non te podes perder esta cita coa moda que vén para esta tempada e da man dos comercios locais.


Desfileoutono camariñas 2019