O 30 de novembro, cea baile para recadar fondos para as Festas do Carmen de Camariñas

|


A Comisión de Festas do Carmen de Camariñas sigue a traballar para conseguir o ano 2020 as mellores festas de Galicia, e para elo celebrará o Nadal cunha cea baile para recadar fondos para as nosas grandes Festas do Carmen para o sábado, 30 de novembro, ás 22,00 h. no Restaurante La Marina de Camariñas. 


O menú para esta ocasión terá empanada, ameixas á mariñeira, xarrete de tenreira, postre, café e chupito, a un prezo por persoa de 22 euros, sendo 6 euros para o donativo propiamente dito das Festas do Carmen.


Antes de dar comezo ao baile, a Comisión de Festas sorterará entre os asistentes numerosos regalos donados polos comercios de Camariñas e onde destaca unha sombrilla de Encaixe.



Ceadocarmen camariñas novembro2019

(Foto recollida da páxina quepasanacosta.com )