IESP Pedra da Aguia de Camariñas remata a viaxe por Andalucía Oriental e Murcia

|

Nota de prensa:


Despois dunha semana cultural moi intensa, o alumnado de 2º ESO regresa á casa tendo compartido cos compañeiros do centro IES Ribera del Fardes de Purullena, provincia de Granada, todas as actividades programadas de carácter cultural.

Visitaron o Parque Minero da Unión de Murcia,  o Teatro Romano de Cartagena, o Cabo de Gata de Almería, Sierra de Güejar, Alhambra e o Parque das Ciencias de Granada; rematando o último día cunha visita pola cidade de Málaga onde puideron visitar o Centre Pompidou, Museo Interactivo de Música, etc.

Durante toda a viaxe foron acompañados de dúas profesoras do centro (Silvia Lijó e Mariví Mouzo) e de dous monitores con un gran talante e cunha profesionalidade exquisita que fixo que o desenvolvemento das diferentes actividades resultaran, ademais de atractivas e formativas, moi divertidas.

Para finalizar, resáltase o positivo e enriquecedor que é a convivencia con nenos doutra comunidade. Esta experiencia non só reforza os coñecementos recibidos nas aulas, senón que mellora o interese e motivación de cara a aprendizaxe de contidos educativos.


Desde o centro, valórase moi positivamente esta iniciativa pola boa organización, o contido das actividades e pola calidade e variedade das propostas educativas desenvolvidas.

(Fotografía: monitores, profesorado e alumnado dos dous centros no Patio dos Leóns da Alhambra de Granada)


20191031 123252 (1)