Decembro chega con ceas importantes en O Náutico Bar de Camariñas

|


Este sábado, 23 de novembro, tivo lugar a cea do F. C. Camariñas en "O Náutico Bar"de Camariñas con asistencia de máis de 100 persoas e que resultou todo un éxito tanto a nivel organizativo como dos servizos prestado polo equipo de O Bar Náutico así como o menú presentado da man do seu chef Antonio e que foi totalmente do agrado dos asistentes. Despois poideron disfrutar da actuación musical do Dúo D´Café.


Agora quedan novos retos para o equipo de "O Náutico Bar" de Camariñas cos próximos eventos a celebrar no seu local, onde ademáis de ceas de empresa xa pechadas para as vindeiras datas tamén están xa pechadas a seguintes:


14 de decembro, Cea Baile da Comisión de San Xurxo para a recadación de fondos e onde está pendente a presentación do cartel para facer a reserva. A actuación musical correrá a cargo do Dúo Élite.


21 de decembro, Cea Baile da Asociación de Amas de Casa de Camariñas e que corresponde ao cartel que se inclúe nesta nova. A actuación musical corre a cargo tamén do Dúo Élite.


28 de decembro, Cea baile dos socios/as do Club Náutico de Camariñas con motivo da celebración do Nadal e cuia comunicación lle chegará aos socios/as xunto con outras novas nos vindeiros días por correo postal. A Actuación musical correrá a cargo do Dúo Savoy.


Ademáis, numerosas empresas e familias están pechando datas para a celebración das recoñecidas ceas de empresa e familiares para xuntanza de todos en torno a mesa en datas tan señaladas e próximas ao Nadal. Aquelas empresas e particulares interesados en reservar praza para disfrutar da súa cea especial nestas datas pode poñerse en contacto chamando ao teléfono 981 737130 ou ben no propio local onde o persoal lles dará conta das datas dispoñibles.


Dende "O Náutico Bar" a súa xerencia e equipo queren trasladar o seu agradecemento as entidades sociais e deportivas que confiaron e confían as súas celebracións neste local hosteleiro emblemático de Camariñas así como as empresas e particulares que o elixen para as súas celebracións en datas tan señaladas. Como indican dende a xerencia, "cada día tentamos ser mellores para non defraudar a confianza dos nosos clientes e socios/as".



IMG 20191123 WA0004