Sábado, 28 de decembro, Cea Baile dos socios/as do Club Náutico de Camariñas

|


Será o sábado, 28 de decembro, cando teña lugar a CEA BAILE do Nadal dos socios/as da entidade do Club Náutico de Camariñas e que terá lugar nas súas instalacións de "O Naútico Bar" a partires das 22,00 h. e que servirá ademáis para brindar polo Nadal e a chegada do ano novo.


Os socios/as que desexen asistir (socio/a más acompañante) poden anotarse nas oficinas do Club Náutico de Camariñas ou chamando ao móbil do club 690 79 96 80 rematando o prazo para anotarse o vindeiro 23 de decembro, posto que chegan días festivos e será necesario coñecer o número de comensales para ter todo adecuadamente preparado.


A actuación musical estará a cargo do recoñecido Dúo SAVOY e que amenizará unha velada chea de festa e sorteos especiales para os asistentes.


Dende o Club Náutico de Camariñas tamén dan conta sobre a reserva de praza para acudir a esta Cea Baile, e que se ten como norma dende o mes de agosto do ano pasado:


Non poderan acudir como acompañantes os rapaciños/as.


O socio/a que reserve praza e que sin previo aviso de 2 días non asista ao evento, pasaráselle o importe do custe no vindeiro recibo (salvo causa xustificada)


Ceaanual clubnautico 250818