A idiosincracia da muller camariñana no encaixe de bolillos por Ruperto Mosquera

|

AUTOR: RUPERTO MOSQUERA- CAMARIÑAS


TÍTULO: A IDIOSINCRACIA DA MULLER CAMARIÑANA NO ENCAIXE DE BOLILLOS


O "Encaixe de Camariñas" ten unhas características que non teñen ningún outro da bisbarra: finísimo e moi miudo, onde se principiaba o ensino das meniñas cun carácter temperamental, pero asimesmo con moito agarimo, ese índole de temperamento e ese carácter de cada meniña, quedaba arraigado no seu desenrolo; o concepto de idiosincracia das nosas mulleres.


Esa perseverancia creou unhas perspectivas que traspasou fronteiras insospeitadas naquelas datas e posteriores tempos; América, Estados Unidos, o Caribe (Cuba), etc.


É para min unha honra, adicar estas liñas as nosas mulleres camariñanas que dende moitísimos anos fixeron con tesón e adicación que Camariñas fose a capital do encaixe de bolillos, coñecida en moitos sitios do mundo con moita ilusión e ánimo para que non decaia o ensino as nosas meniñas.


Desexamos con todo o noso agarimo ser fillos/as desas avóas e nais que superon inculcar as nosas meniñas o arte do encaixe de bolillos, con ese carácter único da nosa vila camariñana.


RUPERTO MOSQUERA- ANO 2019


Encaixe camarinas

(FOTOGRAFÍA: lavozdegalicia.es)