Este sábado, 4 de xaneiro, chegan os Reis Magos por mar ao Club Náutico de Camariñas

|


Este vindeiro fin de semana, é o día grande dos nenos/as e o Náutico quere sumar a esa celebración infantil coa presentación das súas Maxestades os Reis Magos de Oriente o próximo 4 de xaneiro, sábado, no salón do Náutico, e onde recibirán a todos os rapaciños e rapaciñas que desexen contarlles os seus desexos para o ano 2020 e recibir das súas mans pequeno agasallo de golosinas e larpeiradas para disfrutar deste fin de semana especial.


Sobre ás 17,00 h. está prevista a chegada dos Reis Magos nunha embarcación aos pantaláns do Club Náutico de Camariñas, para seguidamente, pasar ao trono especial ubicado no salón do Náutico, e onde serán recibidos polos nenos/as e os seus avós e avoas e pais e nais, así como todos os familiares dos máis pequeniños/as que queiran sumarse a este evento.


Este acto é o preludio do que virá despois o domingo, 5 de xaneiro, coa Cabalgata dos Reis Magos que percorrerá todo o Concello de Camariñas e sendo o acto final antes da noite máxica de Reis onde todas as casas se enchen de ledicia e regalos.


Dende o Náutico de Camariñas queren agradecer a colaboración do Concello de Camariñas coa prestación dunha indumentaria dos Reis Magos e onde o evento estará levado a cabo pola empresa Artelúdico de Camariñas.


Programación do Nadal do Concello de Camariñas


Cartel reismagos nautico 2020