Se precisa camareiro/a para cubrir posto vacante en "O Náutico Bar" de Camariñas

|


O Club Náutico de Camariñas solicita cubrir un posto de camareiro/a co fin de cubrir a próxima marcha dun dos empregados do club Náutico de Camariñas e que se traslada por motivos laborais a outra cidade e relacionados coa súa carreira. Dende a Xerencia e a directiva do Club Náutico agradecen o gran traballo realizado por Víctor nestos meses importantes e decisivos para a boa marcha das instalacións do Bar e que elo se sumou a gran laboura desenrolada por todo o equipo que conforma a plantilla de "O Náutico Bar" e que están liderados pola responsable do Bar, Marina.


O posto que se quere cubrir en "O Náutico Bar" precisa dunha persoa con responsabilidade e boas dotes de atención ao cliente. As persoas interesadas poden poñerse en contacto a través do móvil 618950557 ou enviando o seu currículum a través do correo electrónico: cncamarinas@cncamarinas.com. A data para comezar a desenrolar o traballo sería a partires do 20 de xaneiro. 


A chegada de estudiante en prácticas


Tamén xa temos confirmada a chegada da estudiante da Universidad de Colombia, Camila, e que fará as prácticas ata mediados do mes de maio nas instalacións de "O Náutico Bar". Ten prevista a súa chegada o vindeiro 20 de xaneiro e comenzara un día despois a súa andadura na zona de Bar como estudiante en prácticas.


Onauticobar 2019