Comunicado da Mostra do Encaixe de Camariñas sobre o Coronavirus

|

COMUNICADO DA MOSTRA DO ENCAIXE SOBRE O CORONAVIRUS

(Data do comunicado: 10 de marzo de 2020)


Ante os múltiples comentarios que temos recibido ao longo dos últimos días, queremos comunicar que desde o Concello de Camariñas e da Mostra do Encaixe Deputación da Coruña estamos a traballar con completa normalidade na XXX Edición deste evento.

Estamos en constante contacto coas entidades autonómicas e estatais para seguir a problemática do coronavirus. Tomaremos as medidas que nos indique a Consellería de Sanidade. Desde a organización queremos transmitir completa normalidade e chamamos a manter a calma, fóra de todo alarmismo. 


Cartelmostra2020