O Concello de Camariñas cancela a XXX Mostra do Encaixe pola expansión do coronavirus

|

NOTA DE PRENSA DO CONCELLO DE CAMARIÑAS:


        A alcaldesa, Sandra Insua, anunciou esta medida de urxencia hoxe nunha rolda de prensa.        A trinta edición do evento celebrarase no ano 2021. 

Ante as indicacións emitidas pola Consellería de Sanidade, recomendando que non se celebre ningún gran evento debido á situación de urxencia xerada pola expansión do Coronavirus, o Concello de Camariñas decidiu cancelar a XXX Mostra do Encaixe de Camariñas, que se ía a celebrar do 8 ao 12 de abril.  

A alcaldesa, Sandra Insua, explicou hoxe a decisión e precisou que “sería unha irresponsabilidade pola nosa parte continuar adiante coa organización dun evento que, como cada ano, congregará a miles de persoas de diferentes procedencias”.  

“Hoxe non é un bo día, nunca pensei en verme obrigada como alcaldesa a suspender a Mostra do Encaixe pero o meu corazón non debe antepoñerse á miña cabeza nin á responsabilidade que me transferiron os cidadáns de Camariñas nas pasadas eleccións”, continuou.  

A rexedora quixo tamén pedir desculpas ao sector da hostalaría, que se verá claramente afectado por esta decisión, e tamén aos deseñadores, ás delegacións internacionais e aos voluntarios que ano tras ano participan na Mostra do Encaixe.  

“Esta era unha edición moi especial para todos, tanto para nós como goberno como para os veciños e veciñas de Camariñas, xa que celebrábamos os trinta anos de vida da Mostra con múltiples novidades como o desfile do ‘ArtEncaixe’, un gran concerto, vídeo mappings... Pero cremos que a seguridade é o primeiro e, visto o contexto de incerteza no que nos atopamos, non a podíamos garantir ao cen por cen”, recalcou.  

Ademais, Sandra Insua anunciou que ”a XXX Mostra do Encaixe de Camariñas celebrarase no ano 2021 ante a imposibilidade de atopar a estas alturas datas dispoñibles para poder realizar o evento con todas as garantías” e tamén garantiu que “traballaremos conxuntamente entre todos para atopar solucións que mitiguen o impacto que suporá esta triste cancelación”.


Cartelmostra2020


AFBAJACLAUDIODEL16ABRILAL6MAYO





   Comunicado da Mostra do Encaixe de Camariñas sobre o Coronavirus