Dende a Xerencia do Supermercados Claudio Camariñas, informa do gran éxito que está tendo entre os veciños/as de Camariñas o servizo de pedidos telefónicos ou por WhatsApp, os cales se están entregando nos domicilios con prazos de entre 1 e 2 horas.
Agora ademáis, e con fin de facilitar que os veciños/as non teñan que desplazarse a súa entidade bancaria, a compra telefónica ou por whatsApp tamén poderán ser abonada a través de tarxeta, quedando por tanto a elección do cliente si prefiere abonar en efectivo ou con tarxeta bancaria. Unha vez que esté o pedido preparado, dende o equipo do Claudio Camariñas se poñeran en contacto co cliente/a para indicarlle o total do ticket e a forma de pago elexida.
Tamén, se incorpora un correo electrónico para poder facer as compras con máis calma dende o ordenador, e poden remitir os seus pedidos a través do correo: avantetodafg@gmail.com
TELÉFONOS E MÓBILES PARA PEDIDOS:
881 98 45 51 (teléfono para pedidos telefónicos e consultas)
664 89 88 86 (para pedidos por whatsApp)
678 93 12 24 (para pedidos por WhatsApp)
CORREO ELECTRÓNICO: avantetodafg@gmail.com
FORMA DE PAGO: EFECTIVO OU CON TARXETA
O servizo está habilitado durante as horas de apertura do supermercado.
Nota: Tamén nos están solicitando servizos dende outras parroquias do Concello de Camariñas, pero por agora está en estudio o poder ampliar as zonas de servizo a través de pedidos telefónicos e por WhatsApp. Seguiremos informando si hai novidades sobre este tema.
Queremos trasladar ademáis unha mensaxe de esperanza e ilusión, e incluimos o video de GADIS co lema #CANDOPASETODOISTO ... porque todo isto pasará a voltaremos a encontrarnos cos familiares e amigos, a ir ao noso traballo, a disfrutar das nosas festas...