Aprazada a IV Feira Náutica de Camariñas (FENAUCAM 2020)

|

NOTA DE PRENSA DO CLUB NÁUTICO DE CAMARIÑAS


Dende o Club Náutico de Camariñas trasladamos aos medios de comunicación a decisión de aprazar a celebración da IV Feira Náutica de Camariñas (FENAUCAM 2020) e que tiña previsto levarse a cabo os días 12, 13 e 14 de xuño.


Esta decisión foi tomada en base a grave situación sanitaria que estamos atravesando en relación co Covid-19 e que facía imposible que poidera organizarse e mesmo levarse a cabo con garantías suficientes no mesmo mes de xuño, cando estamos en periodo de confinamento e que incluso éste inda se pode prorrogar unhas semanas máis.


Esta decisión xa foi trasladada a Deputación da Coruña, ca cal estabase a piques de firmar o convenio para colaborar de forma importante coa celebración deste importante evento náutico na Costa da Morte, pero que por mor das circunstancias vese necesario paralizar e esperar a que as condicións volten a normalidade e con as máximas garantías posibles. Tamén se trasladou a Consellería do Mar  a decisión posto que sempre colaboraron dende o primeiro ano e neste tamén ía ser así, esperando que poida reanudarse estos convenios e colaboracións con estas destacadas institucións nos próximos eventos.


Desexando que todo poida rematar pronto e que poidamos ir retomando todos a nosa rutina habitual tanto personal, profesional como social inda que coas prevencións que dictaminen as autoridades sanitarias, despois será momento de evaluar a situación e decidir si é adecuado establecer nova data para setembro 2020 ou ben cancelar a edición deste ano a espera do 2021.

Queremos trasladar tamén dende o Club Náutico de Camariñas o noso ánimo e forza as personas que se encontren convalecientes polo Covid-19 e levar a esperanza de que pronto terán unha boa recuperación, e trasladando o noso máis sentido pésame a todas aquelas persoas que por desgracia perderon a un familiar ou amigo/a nestas duras semanas de tráxico balance de pérdidas humanas.


As nosas esperanzas están en que pronto se encontre unha vacuna que sirva de xeito para parar esta pandemia que está acosando a todo o mundo.



Dpto. Comunicación



IMG 20190614 115300