Camariñas, recordando a Semana Santa e a procesión da Virxe do Monte de 2010

|


Gracias os arquivos de Televisión Camariñas en Youtube, podemos rescartar vídeos do ano 2010 onde se recollían unha procesión de Semana Santa con D. Jesús como párroco (d.e.p.) e tamén a procesión da Virxe do Monte onde centos de feligreses acompañamos cun bo día a nosa virxiña ata súa capela.


En días duros como os que estamos a vivir, de confinamento e de responsabilidade por parte de todos para que esta pandemia acabe o máis pronto posible, é bo recordar esas imaxes do 2010 e que nos recordan que sin dúbida en 2021 aí estaremos de novo coa nosa igrexa e coa nosa virxiña do Monte acompañandoa e transmitíndolle a nosa devoción, e pedindo que todo saia ben e moi pronto poidamos encontrarnos e volver a normalidade pouquiño a pouco, pero volver a normalidade.

Tamén é unha homenaxe a todas as persoas que neste tempo nos deixaron e que poderemos recordar nestos vídeos, a todos/as eles (d.e.p.) e que sempre estaran no noso recordo.


Dende AVANTE TODA queremos trasladar unha mensaxe de ánimo e forza para seguir todos/as as directrices que nos marcan as autoridades sanitarias, e que pensemos que é responsabilidade de todos/as conseguir que pronto poidamos reencontrarnos coa normalidade que nos permita a situación do COVID-19.

Aquí deixamos estos dous vídeos para recordar estas mesmas datas pero en 2010.


SEMANA SANTA 2010- CAMARIÑAS






PROCESIÓN VIRXE DO MONTE 2010 ( 1ª PARTE)